Broad Institute of MIT and Harvard | |
---|---|
Entrada da sede central do Broad Institute | |
Datos xerais | |
Localización | Cambridge, Massachusetts, EEUU |
Datos actuais | |
Reitor | Eric Lander |
Datos de contacto | |
Enderezo | 7, Cambridge Center |
Páxina web | http://www.broadinstitute.org/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Broad Institute of MIT and Harvard ("Instituto Broad do MIT e Harvard", coñecido tamén pola forma reducida Broad Institute) é unha institución de investigación situada en Cambridge, Massachusetts, (EEUU), dedicada ao estudo da xenómica para as ciencias biomédicas, dirixida por Eric Lander desde au súa fundación en 2004. Trátase dunha organización independente e sen ánimo de lucro, participada polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), a Universidade Harvard e os cinco hospitais universitarios desta última universidade.